20 de nov. de 2020

AUTOCONTROL EMOCIONAL- MEDITACIÓN-RELAXACIÓN

 


O autocontrol emocional permítenos reflexionar e dominar os nosos sentimientos e emocións.
Os obxectivos que se pretenden alcanzar ao traballar o control emocional son os seguintes:
  • Facilitar estratexias para mellorar a autorregulación emocional.
  • Ensinar técnicas de relaxión, respiración e autocontrol.
  • Mellorar a tolerancia á frustración.
  • Ensinar estratexias para desenvolver o pensamento positivo.
A continuación expóñense materiais e recursos para traballar o control das nosas emocións e sentimentos, algo que se pode facer non só no colexio senón tamén en familia, e que con seguridade aportará boas vibracións ao ambiente familiar.

BANCO DE ACTIVIDADES:

1. Meditación
Cómo axudar aos nenos/as a acougarse e relaxarse? Cómo lograr que se concentren no que fan? A meditación é unha ferramenta sinxela e eficaz, que se adapta perfectamente ás necesidades dos pequenos/as e pódelles achegar beneficios inmediatos.
Pica en cada ligazón para obter distintas meditacións:
1. Tranquilo y atento como una rana
2. La ranita
3. Atención a la respiración
4. El ejercicio del spaguetti
5. El botón de pausa
6. Primeros auxilios para sentimientos desagradables
7. Un lugar seguro
8. La fábrica de las preocupaciones
9. Levantando la moral
10. El secreto del corazón
11. Buenas noches



Outro recurso: "Luz de estrelas". Ofrece unha colección de técnicas sinxelas e eficaces para axudar aos nenos/as a concentrarse, desenvolver a súa imaxinación e conciliar o sono. Clicade na imaxe para ver o libro ao completo.


  2. Mindfulness
O mindfulness é unha forma marabillosa de liberarse dos pensamentos e emocións que nos invaden en cada momento. Sentídesvos frustrados e desacougados nestes días de confinamento? Os xogos mindfulness son una boa forma de fomentar nos nenos/as a capacidade de concentración á vez que se lles ensina a regular as súas emocións e a responder a calquera situación con serenidade.
Guía de xogos mindfulness de Alba Ferreté. Clicade na imaxe.



Máis mindfulness. Un libro de Susan Kaiser que inclúe 60 divertidas actividades. Estas actividades desenvolvidas e probadas durante moitos anos de traballo con nenos/as e familias, están deseñadas para os máis pequenos, pero poden resultar igualmente atractivas e transformadoras para os mozos/as e os adultos. Clicade na imaxe:


3. Ioga con contos:
Dámoslle paso ao ioga co libro de Sydney Solís (narradora de contos e mestra de ioga). Manual para familias e mestres para adentrar aos nenos/as no mundo do ioga a través dos contos. Clicade na imaxe.
Yoga Con Cuentos (Cuentos Para Aprender Yoga): Amazon.es: Solis ...

Ioga con xogos e cancións infantís (Yogic):
Unha boa forma para que pequenos e adultos disfruten, aprendan e compartan a práctica do Ioga.


4. Videoconto:
Un videoconto que lles ensina aos nenos/as a respirar e relaxarse. Clicade na imaxe.