11 de nov. de 2018

Guia metodoloxica sobre dificultades específicas de aprendizaxe- DEA



Guía metodológica sobre dificultades específicas de aprendizaje




Guia elaborada no marco dun proxecto Erasmus que lidera o Equipo de Orientación Educativa y Psicopedagógica de Molina de Segura, no que colaboran representates doutros países: Turquía, Italia, Polonia y Lituania. 

MÁIS INFORMACIÓN 

PROESCRI: PROBA DE AVALIACIÓN DOS PROCESOS COGNITIVOS NA ESCRITURA




PROESCRI é unha proba estandarizada para avaliar os  procesos cognitivos na escritura, pensada para alumnado de Primaria. 
Este instrumento editado polo Consejería de Educación do Goberno Canario inclúese dentro do Programa para la atención educativa al alumnado con altas capacidades e pretende analizar a competencia cognitiva na escrita en alumnos que, a pesar da súa condición intelectual, poidan estar presentando dificultades específicas de aprendizaxe na escritura.
Pero, ademais, tamén serve como ferramenta de identificación das necesidades educativas do alumnado en xeral que poida requerir apoio educativo neste ámbito.
A proba está formada por tarefas de distinta complexidade e avalía os procesos motores, sintáctico, léxico e de planificación. A estratexia que propón é descubrir cál é o proceso que presenta dificultades para tratar de  corrixilo.
No documento inclúense: os baremos para cada curso escolar (de 1º a 6º); o caderniño de aplicación; os criterios de aplicación, corrección e interpretación; un modelo de informe; a fundamentación teórica e xustificación estadística; outro caderniño para o vaciado das puntuacións  e unha folla resumo.
Autores: Artiles, C., y Jiménez, J.E. (2007)
Título: Proescri Primaria: prueba de evaluación de procesos cognitivos en la escritura.
Editado por: Consejería de Educación, Cultura y Deportes del Gobierno de Canarias, y Universidad de Las Palmas de Gran Canaria.
ISSBN: 978-84-690-6880-9
CLAVE: L.
Proescri Primaria_prueba de evaluación de procesos cognitivos en la escritura.

27 de out. de 2018

Guia Práctica educativa con nenos con autismo e Trastorno Xeneralizado do Desenvolvemento


Quero compartir con todos vosotros/as este magnífico traballo sobre os nenos con autismo das autoras Eva María Rodgla Borja e Myriam Miravalls Cogollos, a subtitulan como guía para uso del profesorado con currículum y materiales didácticos.

Efectivamente é así. Despois de ofrecer unha visión práctica sobre o autismo, facendo fincapé nas súas necesidades educativas especiais, nos presentan un modelo de currículum para desenvolver con nenos que padecen este trastorno.

Ademais, considero que a guía con exemplos moi ilustrativos, nos ofrece multitude de materiais e propostas didácticas para desenvolver o currículo.

É un material certamente práctico e de gran valor para todos os educadores que traballan con este alumnado. Grazas por compartir o voso excelente traballo.



15 álbumes ilustrados para afianzar la relación de padres e hijos

15 álbumes ilustrados para afianzar la relación de padres e hijos
Desde una perspectiva de crianza respetuosa o con apego, os mostramos los 15 libros para niños que más nos gustan que tratan las relaciones familiares, la confianza, el cariño, los mimos, la comprensión y el apoyo incondicional. Libros preciosos para disfrutar leyendo en familia o en solitario si ya leen de manera autónoma.
fonte: Pekeleke blog dedicado aos libros infantíis.

Guia alumnado con Retraso na linguaxe e TEL



Una guía para a orientación educativa do alumnado con retraso na linguaxe (RL) e Trastorno Específico da Linguaze (TEL) publicada polo  Equipo Técnico Provincial de Orientación Educativa e Profesional Delegación Territorial de Almería.
Neste documento pódese atopar as diferentes características destes dous trastornos e tamén as medidas educativas máis indicadas para este alumnado así como as probas psicopedagóxicas recomendadas. 




Para acceder al documento, pincha aquí o en la imagen

6 de xuño de 2018

Convivir co TDAH

GUÍA DE ASESORAMENTO FAMILIAR-COLECCIÓN CONVIVIR CO TDAH

Segunda publicación da Consellería de Política Social e da Fundación Ingadadentro da Colección Convivir co TDAH. Nela ofrécese asesoramento técnico e xurídico para aquelas familias que teñen un membro con TDAH.
Na guía podedes atopar información sobre o que implica que un neno/a teña TDAH; asesoramento e apoio para traballar con el/a e reducir o impacto de determinadas características deste trastorno neurobiolóxico no seu día a día; pautas sobre normas e disciplina, adquisición de hábitos, impulsividade/agresividade, estudio; posibles condutas de risco; problemas legais; información clínica, etc. 
Ademais conta cun anexo coa normativa vixente e as medidas metodolóxicas aplicables.



Guía de asesoramiento familiar, versión en castellano

Outras publicacións desta colección: TDAH e terapia ocupacional

TDAH E TERAPIA OCUPACIONAL

Neste documento podedes atopar información e recomendacións sobre o TDAH desde a disciplina de terapia ocupacional co obxectivo de mellorar o funcionamento das persoas diagnosticadas e as súas familias, así como servir de axuda para outros profesionais en contacto co colectivo.
A guía estructurase en cinco apartados diferenciados: un primeiro capítulo sobre terapia ocupacional e TDAH e outros catro organizados en base ao modelo de Williams y Shellenberger (1994), que contempla o desenvolvemento humano como unha estrutura piramidal. Ao longo deses capítulos describiranse os diferentes niveis  segundo a mesma e as problemáticas que para cada nivel pode presentar unha persoa cun diagnóstico de TDAH.



TDAH e terapia ocupacional, versión en galego

14 de maio de 2018

Video sobre autismo


A viaxe de María, unha cortometraxe de animación realizdo polo debuxante Miguel Gallardo, pai dunha filla con autismo.
(Fundación Orange)



12 de maio de 2018

Protocolo alumnado coa Síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual

Protocolo para a atención educativa do alumnado coa Síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual, publicado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e elaborado por un grupo interdisciplinario constituido a tal efecto.



Guia de apoio ao estudo-TDAH

TDAH Guía de apoio ao estudo é un documento editado por INGADA (Instituto Gallego del TDAH e trastornos asociados), pola Fundación Mª José Jove e pola Consellería de Educación.

30 de mar. de 2018