Un alumno presenta necesidades educativas especiais por un trastorno grave de conduta cando presenta alteracións mentais, emocionais ou do comportamento que, pola súa intensidade, frecuencia e duración, limitan o seu desenvolvemento educativo, a súa capacidade de axuste e adaptación, así como o xeito de enfrontar e resolver situacións cotiás. Considéranse dentro deste grupo:
Trastornos de ansiedade
Trastorno disocial
Trastorno negativista desafiante
Violencia entre iguais