8 de out. de 2014

CONTOS PARA...


Contos para explicar a MORTE aos nenos.
Ponerlle verbas á pérdida dun ser querido non é fácil, pero aínda menos si se trata de comunicalo aos máis cativos. Hai que ter en conta a idade, xa que o concepto de morte é complexo e ata os seis anos non comprenden que este suceso é irreversible.


Contos para falar do DIVORCIO aos cativos.
A continuación unha lista de contos para os nenos/as recopilados da web para traballar emocionalmente estas difíciles situacións, algúns que podéis descargar e outros atopar facilmente nas librarías.

Contos para falar cos nenos e nenas sobre o CANCRO
É recomendable falar cos cativos sobre o que acontece, respostar as súas dúbidas e preguntas e implicalos en certa medida no proceso, tendo en conta a súa idade, o seu estado emocional e ata onde eles queiran saber.

Contos para explicar o ALZHEIMER aos nenos
Moitos nenos son espectadores desta enfermidade porque a padecen os seus avós ou avoas e lles resulta moi difícl entender que lles ocurre. Por iso, a recopilación dos seguintes contos, clasificados por idade, poden orientaros a cómo explicar e axudar aos máis cativos a comprender esta situación.


Contos para explicar a ADOPCIÓN aos nenos.
Chegada unha idade se pregunta cal é o seu orixe, quenes son os pais biolóxicos ou cómo ocurriu todo. Aconséllase que se lles diga a verdade ao neno/a, tendo en conta a súa idade o nivel de comprensión.


 12 contos para a chegada dun IRMÁN



É recomendable que a familia preparen ao fillo/a previamente ante a chegada dun novo irmán, permetendo así que se adapte de forma positiva ao cambio que va acontecer e que toda a familia va vivir.

O TDAH  explicado a través dos contos. 
Pois a través da lectura das seguintes historias, que podréis descargar facilmente desde os enlaces, os cativos/as podrán identificarse coas personaxes protagonistas, comprender mellor os síntomas do TDAH e ademais ofrecerlles claves de axuda para mellorar as relacións co seu entorno no seu día a día.