ACOSO ESCOLAR: NON SEXAS CÓMPLICE
No bloque de ORIENTACIÓN CONDESA atopamos esta presentación para concienciar sobre o acoso escolar. Parabéns polo traballo!
Para Educación Primaria para impartir as charlas que forman parte do programa de prevención de acoso escolar.
Son unha forma máis de sensibilizar ao alumnado sobre o tema, inculcarlles unhas normas de convivencia positiva e proporcionarlles uns coñecementos que lles permitan recoñecer e actuar ante posibles situacións de acoso.
É fundamental fomentar entre os nenos/as unha cultura sen violencia, despertar a conciencia de que para loitar contra o acoso teñen que implicarse activamente, de que o seu silencio e inacción os converten en cómplices.