GUÍA DE ASESORAMENTO FAMILIAR-COLECCIÓN CONVIVIR CO TDAH
Segunda publicación da Consellería de Política Social e da Fundación Ingadadentro da Colección Convivir co TDAH. Nela ofrécese asesoramento técnico e xurídico para aquelas familias que teñen un membro con TDAH.
Na guía podedes atopar información sobre o que implica que un neno/a teña TDAH; asesoramento e apoio para traballar con el/a e reducir o impacto de determinadas características deste trastorno neurobiolóxico no seu día a día; pautas sobre normas e disciplina, adquisición de hábitos, impulsividade/agresividade, estudio; posibles condutas de risco; problemas legais; información clínica, etc.
Ademais conta cun anexo coa normativa vixente e as medidas metodolóxicas aplicables.
Guía de asesoramiento familiar, versión en castellano
Outras publicacións desta colección: TDAH e terapia ocupacional |
TDAH E TERAPIA OCUPACIONAL
Primeira publicación da Consellería de Política Social e da Fundación Ingada dentro da Colección Convivir co TDAH.
Neste documento podedes atopar información e recomendacións sobre o TDAH desde a disciplina de terapia ocupacional co obxectivo de mellorar o funcionamento das persoas diagnosticadas e as súas familias, así como servir de axuda para outros profesionais en contacto co colectivo.
A guía estructurase en cinco apartados diferenciados: un primeiro capítulo sobre terapia ocupacional e TDAH e outros catro organizados en base ao modelo de Williams y Shellenberger (1994), que contempla o desenvolvemento humano como unha estrutura piramidal. Ao longo deses capítulos describiranse os diferentes niveis segundo a mesma e as problemáticas que para cada nivel pode presentar unha persoa cun diagnóstico de TDAH.
TDAH e terapia ocupacional, versión en galego
(Fonte: orientación condesa)
|
Pestañas
- Páxina principal
- AACC
- Alumnado inmigrante
- Contos
- Convivencia Escolar
- Cortometraxes
- Discapacidade auditiva
- Discapacidade intelectual
- Discapacidade motorica
- Discapacidade visual
- Dislexia
- Educación Afectiva-Sexual
- Educación Emocional
- Espazo Familias
- HHSS
- Igualdade
- Programas reforzos
- Medos
- Prensa
- Probas e Tests
- Proxectos
- TDAH
- TEA
- Tic_nee
- Trastornos Ansiedade
- Trastornos Conduta
- Trastorno Disocial
- Trastorno Negativista Desafiante