8 de set. de 2019

Web ATOPA



Queremos contribuír a darlle difusión a un proxecto moi interesante realizado pola Asociación Teavi.
Trátase da web ATOPA. Tal e como nos explican no blogue TEAVI Educación,  esta propuesta pretende promover a utilización dos instrumentos sociométricos nos centros educativos, co obxectivo de evitar posibéis situacións de incomprensión, rexeitamento e aillamento ás que, especialmente, se ve exposto o alumnado diagnosticado cun trastorno de espectro autista.


A páxina web se atopa operativa, aínda que  están traballando, en colaboración coa Escola de Telecomunicacións de Vigo, no desenvolvemento da aplicación sociométrica. Unha vez rematado, será un programa gratuito que nos facilitará a  realización dos sociogramas nas aulas e nos axudará na obtención dos resultados das dinámicas do grupo.

Compleméntase cunha guía que aporta unha base teórica sobre as técnicas sociométricas, a interpretación dos resultados e posibéis propostas de intervención.

Ademais o proxecto conta cun repositorio de materiais de libre difusión clasificados por etapas e áreas de intervención. 

Trátase dunha iniciativa colaborativa e totalmente gratuita. Podes contribuír aportando materiais que consideres interesantes, enviando os enlaces dos contidos a: participa@atopa.es.