27 de nov. de 2019

Contos inclusivos





Selección de contos para explicar a nenos e nenas condicións especiais que se poidan dar veces, ben sexa a eles mesmos, a algún  amiguiño-a ou familiar. 
O obxectivo é a inclusión de todos no respecto ás condicións e a personalidade de cada un.



Marian é unha tartaruga de pel rugosa con ollos limpos e tenros. Asústase se o vento sopra forte, esconde a cabeza e non a saca ata que o aire se calma. Marian levántase cedo, lávase a cara e vístese amodo. Bebe zume de limón, cepilla os seus dentes, colle a carteira e, pasiño a pasiño, camiña cara á escola. Un conto sobre a síndrome de Down.







 Claro exemplo de normalización. Esta historia, preséntanos a un grupo de nenos e nenas con trazos comúns, como a idade, o colexio, as súas propias experiencias....., aínda que un deles ten unha característica que os demais non teñen, Pablo vai en cadeira de rodas. O resto do grupo sente por el unha estimación sincera e transparente propia da infancia, como a que senten por calquera outro compoñente do grupo, xa que o consideran un igual. E, de feito, o é. 






 A Branca cústalle moito ler: confunde as letras, cambia as sílabas e substitúe unhas palabras por outras. Xunto cos seus pais, acode á consulta de Ariadna, unha logopeda que lle marcará unhas pautas que axudarán moito a Branca a superar as súas dificultades.







 Este libro está adaptado ao sistema de Lectura Fácil: un modo de facer a lectura accesible a diferentes tipos de necesidades específicas de aprendizaxe. Hugo é tartamudo e Bernardo é disléxico, confunde as letras e os números. Os 2 amigos deciden formar un club para defenderse dos que rin deles. Aos poucos, vanse unindo máis compañeiros ao Club dos Raros.