Na páxina do Equipo de Orientación do Colexio Marista Liceo Castilla, podedes acceder a tres estupendas wikis elaboradas no centro como parte dun proxecto de innovación educativa.
A primeira é Wikitea, un espazo con abundante información de interese sobre o Trastorno de Espectro Autista para o profesorado, as familias e o alumnado. Esta wiki realizouse polo profesorado do centro en colaboración con Autismo Burgos e o CFIE desta mesma cidade. Ten varias categorías: concepto e teorías explicativas; detección e valoración; intervención educativa; profesorado, alumnado, familias; habilidades sociais; acoso escolar; experiencias; recursos; enlaces e bibliografía. Cada unha delas contén abundante e interesante información.
A segunda é Wikitalentos, que tamén pretende ser un espazo con abundante información de interese sobre as Altas Capacidades Intelectuais para o profesorado, as familias e o alumnado.
Esta wiki é tamén o resultado dun proxecto colaborativo do centro. As categorías que abarca son : concepto e modelos; identificación e avaliación; resposta educativa; profesorado; alumnado; familias; experiencias; recursos e enlaces.
A terceira é Ticwiki, un espazo dedicado á avaliación da competencia dixital con información de interese para profesorado, alumnado e familias. Contén apartados con información sobre. profesorado; alumnado; familias; infantil; primaria, secundaria; competencia dixital; competencia TIC e tarefas; avaliación da competencia TIC; competencia TIC e diversidade; seminario de formación e enlaces e recursos.
Si estes temas son do voso interese, non dubidedes en visitalas. Paga a pena!
Fonte: Orientación Condesa