Nesta entrada deixo actividades variadas secuenciadas por niveis para fomentar o desarrollo emocional en familia. Hai propostas de contos compartidos, actividades para desarrollar a atención, pratos de merendas creativas, cortos de valor educativo, manualidades e experimentos con recursos da casa, xogos de mesa...
Merece a pena que lles votedes un vistazo porque están moi ben.
Oautocontrol emocionalpermítenos reflexionar e dominar os nosos sentimientos e emocións.
Os obxectivos que se pretenden alcanzar ao traballar o control emocional son os seguintes:
Facilitar estratexias para mellorar a autorregulación emocional.
Ensinar técnicas de relaxión, respiración e autocontrol.
Mellorar a tolerancia á frustración.
Ensinar estratexias para desenvolver o pensamento positivo.
A continuación expóñense materiais e recursos para traballar o control das nosas emocións e sentimentos, algo que se pode facer non só no colexio senón tamén en familia, e que con seguridade aportará boas vibracións ao ambiente familiar.
BANCO DE ACTIVIDADES:
1. Meditación
Cómo axudar aos nenos/as a acougarse e relaxarse? Cómo lograr que se concentren no que fan? A meditación é unha ferramenta sinxela e eficaz, que se adapta perfectamente ás necesidades dos pequenos/as e pódelles achegar beneficios inmediatos.
Outro recurso: "Luz de estrelas". Ofrece unha colección de técnicas sinxelas e eficaces para axudar aos nenos/as a concentrarse, desenvolver a súa imaxinación e conciliar o sono. Clicade na imaxe para ver o libro ao completo.
2. Mindfulness
O mindfulness é unha forma marabillosa de liberarse dos pensamentos e emocións que nos invaden en cada momento. Sentídesvos frustrados e desacougados nestes días de confinamento? Os xogos mindfulness son una boa forma de fomentar nos nenos/as a capacidade de concentración á vez que se lles ensina a regular as súas emocións e a responder a calquera situación con serenidade.
Guía de xogos mindfulness de Alba Ferreté. Clicade na imaxe.
Máis mindfulness. Un libro de Susan Kaiser que inclúe 60 divertidas actividades. Estas actividades desenvolvidas e probadas durante moitos anos de traballo con nenos/as e familias, están deseñadas para os máis pequenos, pero poden resultar igualmente atractivas e transformadoras para os mozos/as e os adultos. Clicade na imaxe:
3. Ioga con contos:
Dámoslle paso ao ioga co libro de Sydney Solís (narradora de contos e mestra de ioga). Manual para familias e mestres para adentrar aos nenos/as no mundo do ioga a través dos contos. Clicade na imaxe.
Ioga con xogos e cancións infantís (Yogic):
Unha boa forma para que pequenos e adultos disfruten, aprendan e compartan a práctica do Ioga.
Pinchade en cada ligazón para acceder aos xogos e cancións:
Down España acaba de publicar a guía "Yo me relaciono".
Esta guía ten como obxectivo que todos os/as nenos/as e adolescentes podan construír a súa identidade, sentirse cómodos no ambiente social e responder autonomamente aos retos da súa vida, no seu entorno natural e cos seus iguais na aula. As actividades están propostas para ser realizadas nun contexto inclusivo.
Dirixido ao alumnado de primaria. Ten coma finalidade desenvolver nas cativas e cativos todas as súas capacidades independentemente do seu xénero, potenciar a autoestima, a coeducación e dar estratexias para resolver os seus problemas a través da comunicación interpersoal.
Queremos contribuír a darlle difusión a un proxecto moi interesante realizado pola Asociación Teavi.
Trátase da web ATOPA. Tal e como nos explican no blogue TEAVI Educación, esta propuesta pretende promover a utilización dos instrumentos sociométricos nos centros educativos, co obxectivo de evitar posibéis situacións de incomprensión, rexeitamento e aillamento ás que, especialmente, se ve exposto o alumnado diagnosticado cun trastorno de espectro autista.
A páxina web se atopa operativa, aínda que están traballando, en colaboración coa Escola de Telecomunicacións de Vigo, no desenvolvemento da aplicación sociométrica. Unha vez rematado, será un programa gratuito que nos facilitará a realización dos sociogramas nas aulas e nos axudará na obtención dos resultados das dinámicas do grupo.
Compleméntase cunha guía que aporta unha base teórica sobre as técnicas sociométricas, a interpretación dos resultados e posibéis propostas de intervención.
Ademais o proxecto conta cun repositorio de materiais de libre difusión clasificados por etapas e áreas de intervención.
Trátase dunha iniciativa colaborativa e totalmente gratuita. Podes contribuír aportando materiais que consideres interesantes, enviando os enlaces dos contidos a: participa@atopa.es.
Guía "Las familias en las aulas" editada pola Federación Estatal de Lesbianas, Gais, Trans e Bixesuais (FELGTB) sobre diversidade familiar
Aborda a existencia de distintos tipos de familias: tradicionais, homoparentais, monoparentais, de proxenitores separados, reconstituidas, adoptivas, acolledoras e multiétnicas.
Ofrece recursos ao profesorado para traballar este tema nas aulas desde Educación Infantil ata Educación Secundaria.
La exclusión social en el aula: corta los hilos del bullying
No Juegues Conmigo
Es un vídeo sencillo para uso educativo con el objetivo de trabajar contenidos como el acoso escolar, la presión grupal y el contagio social en el aula. Ha sido creado por Tiny Cosmonauts para la Fundación del Hospital Gregorio Marañón en colaboración con la Fundación SM. Forma parte de un proyecto más amplio de la plataforma Sociescuela con diversos contenidos de formación de profesorado y materiales para trabajar en el aula e intervenir en situaciones de acoso escolar. La exposición del corto en las aulas cumple su principal función pudiendo trabajar aspectos como el contagio grupal que aparece en la mayoría de los casos de acoso escolar. El objetivo es conseguir una reflexión individual y una actitud grupal que no permita comportamientos de discriminación en el aula.
En la guía Abrazar la diversidad, podrás encontrar información, propuestas y recursos para la comunidad educativa encaminados a prevenir, identificar y combatir los posibles casos de acoso homofóbico y transfóbico en las aulas.
Abracemos pues la diversidad y neguémonos a ser cómplices de cualquier tipo de acoso.
Documento elaborado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que pretende ser unha guía con indicacións e orientacións para os distintos centros educativos co fin de que a adapten e teñan presente á hora de elaborar o plan de convivencia.