Amosando publicacións coa etiqueta Discapacidade motórica. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Discapacidade motórica. Amosar todas as publicacións

15 de xan. de 2020

Lectoescritura CODES


Grazas á idea e ao traballo de Belén Junquera (creadora e administradora do blogue Actividades LIM) presentamos o método de lectoescritura CODES desta maneira máis atractiva. 
Para poder interactuar coas actividades dos libros LIM recoméndase Mozilla Firefox e ter actualizado o plug-in Adobe Flash Player.
Para descargar os arquivos comprimidos ou simplemente  acceder directamente desde o navegador ao sitio de aloxamento das actividades pode facerse a través do primeiro dos seguintes enlaces:


  Enlace a CODES 3 en Symbaloo. 

27 de nov. de 2019

Contos inclusivos





Selección de contos para explicar a nenos e nenas condicións especiais que se poidan dar veces, ben sexa a eles mesmos, a algún  amiguiño-a ou familiar. 
O obxectivo é a inclusión de todos no respecto ás condicións e a personalidade de cada un.



Marian é unha tartaruga de pel rugosa con ollos limpos e tenros. Asústase se o vento sopra forte, esconde a cabeza e non a saca ata que o aire se calma. Marian levántase cedo, lávase a cara e vístese amodo. Bebe zume de limón, cepilla os seus dentes, colle a carteira e, pasiño a pasiño, camiña cara á escola. Un conto sobre a síndrome de Down.







 Claro exemplo de normalización. Esta historia, preséntanos a un grupo de nenos e nenas con trazos comúns, como a idade, o colexio, as súas propias experiencias....., aínda que un deles ten unha característica que os demais non teñen, Pablo vai en cadeira de rodas. O resto do grupo sente por el unha estimación sincera e transparente propia da infancia, como a que senten por calquera outro compoñente do grupo, xa que o consideran un igual. E, de feito, o é. 






 A Branca cústalle moito ler: confunde as letras, cambia as sílabas e substitúe unhas palabras por outras. Xunto cos seus pais, acode á consulta de Ariadna, unha logopeda que lle marcará unhas pautas que axudarán moito a Branca a superar as súas dificultades.







 Este libro está adaptado ao sistema de Lectura Fácil: un modo de facer a lectura accesible a diferentes tipos de necesidades específicas de aprendizaxe. Hugo é tartamudo e Bernardo é disléxico, confunde as letras e os números. Os 2 amigos deciden formar un club para defenderse dos que rin deles. Aos poucos, vanse unindo máis compañeiros ao Club dos Raros.





27 de out. de 2018

Guia Práctica educativa con nenos con autismo e Trastorno Xeneralizado do Desenvolvemento


Quero compartir con todos vosotros/as este magnífico traballo sobre os nenos con autismo das autoras Eva María Rodgla Borja e Myriam Miravalls Cogollos, a subtitulan como guía para uso del profesorado con currículum y materiales didácticos.

Efectivamente é así. Despois de ofrecer unha visión práctica sobre o autismo, facendo fincapé nas súas necesidades educativas especiais, nos presentan un modelo de currículum para desenvolver con nenos que padecen este trastorno.

Ademais, considero que a guía con exemplos moi ilustrativos, nos ofrece multitude de materiais e propostas didácticas para desenvolver o currículo.

É un material certamente práctico e de gran valor para todos os educadores que traballan con este alumnado. Grazas por compartir o voso excelente traballo.



20 de xuño de 2017

CONTOS QUE CONTAXIAN ILUSIÓN



No blogue ORIENTACIÓNCONDESA
atopamos este post moi interesante.

CUENTOS QUE CONTAGIAN ILUSIÓN es una divertida colección de cuentos que forma parte de la Biblioteca Infantil de Fundación ONCE
Se trata de una serie de historias protagonizadas por niños y niñas en situación de discapacidad que pretende mostrar a los niños en qué consiste la diversidad funcional, fomentar en ellos el respeto y la tolerancia, así como hacer ver que se puede vivir con ella de forma normalizada. Las historias están traducidas a varios idiomas: gallego, euskera, catalán e inglés. La colección cuenta con nueve historias.



Cada cuento trae actividades y materiales para trabajar, además de información sobre la situación de discapacidad de cada niño/a.
Si estáis interesados  en la colección, podéis acceder a ella AQUÍ.

25 de mar. de 2013

Usuarios con dificultades de movilidade

Este tipo de usuarios suelen presentar dificultades para mover o rato por toda a pantalla. Unha aplicación que permita  o barrido automático ou dirixido  é o Proyecto Fressa. O barrido consiste en que o cursor, de xeito automático desprázarase polas zoas activas da pantalla de tal xeito que cando a persoa quixera acceder a algunha delas só ten que esperar que o cursor se sitúa pro riba dela e pulsa cos dispositivo específico que se precise. Outro exemplo serían o programas como “Ratón visula” desenvuelto por un profesor galego, Miguel Angel Cruz, que o cedeu de xeito gratuíto para toda a comunidade. Este tipo de programas permite mover o cursor mediante unha cámara web que detecta o movemento. Hai persoas que só poden mover os ollos, as mans, un brazo…a cámara permítelles navegar perfectamente pola rede.

Exemplo dun vídeo que mostra un programa que permite a través cámara web mover o cursor coa man
Artigo sobre ratón visual. Deseñado por Miguel Angel Cruz.
Proyecto Fressa
Presenta unha serie de aplicación que podemos descargar gratuitamente. Cada unha delas preséntase coa súa utilidade